Levamos xa moitos días de intensos análises sobre o resultado das Xerais. É evidente o aumento do bipartidismo, aínda que nun principio parecía case imposible o aumento dos dous grandes partidos simultaneamente. ¿A quen prexudica? Ó nacionalismo principalmente, pero non hai que esquecer o caso de IU, principal prexudicada pola inxusta lei electoral que debe ser modificada nesta lexislatura.
O discurso do PP calou entre moita xente e, grazas a isto, puido mellorar os seus resultados. Sen embargo, se analizamos as comunidades onde ascendeu levámonos cunha sorpresa: soamente naquelas onde xa era forza hexemónica, como Madrid, Murcia e Valencia , Rajoy convenceu á dereita e non gañou ningún voto pola esquerda. No resto de España, salvo excepcións, baixou en apoios, aínda que non en número de escanos. Non volverán gobernar mentres non arranxen o problema que teñen en Cataluña e Euskadi, onde non son ás veces nin a terceira forza política. No caso de Andalucía xa deron mostras de cambiar o seu desastre habitual.
Polo contrario, o PSOE subiu máis homoxeneamente en toda España, sobre todo en Euskadi e Cataluña. ¿Que quedou do ‘Se Rompe España’?
Caso destacable é tamén o de Rosa Díez, con máis de 300.000 apoios en todo o Estado e só un escano por Madrid. Algúns expertos din que prexudicou máis á esquerda, visto o descenso do PSOE e IU en Madrid, pero diferentes estudos din que sacou votos sobre todo en barrios de clase media - alta, onde descendeu o PP. Haberá que ver a quen apoia ó longo da lexislatura e se consolida a terceira vía que tanto propaga. Case me esquecía, se a lei electoral fora máis xusta UPyD tería 4 escanos… ¿deberiamos preocuparnos?
Mostrando las entradas con la etiqueta elecciones zapatero psoe. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta elecciones zapatero psoe. Mostrar todas las entradas
miércoles, marzo 26, 2008
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
